A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada de máis dunha trintena de alumnos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Lugo, plantaron esta mañá varios carballos nas inmediacións do Centro de Interpretación Terras do Miño, co fin de fomentar na comunidade educativa a importancia da celebración do Día da Árbore, que se conmemora o 21 de marzo.
Esta actividade estivo precedida por unha conferencia a cargo do Catedrático en Ciencias da Educación, Uxio Otero Urtaza.
Sonsoles López Izquierdo: