O voceiro do BNG-AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, propuxo a creación dun parque biosaludable no entorno da estrada de Ombreiro. Para o BNG-AA o lugar ideal sería no espazo debaixo da Ponte Nova. “Sen gran inversión, Lugo podería contar cun parque biosaludable cuberto nun lugar que xa é usado por moitas persoas para facer deporte” dixo Arroxo. A este lugar son moitas as persoas que se achegan para practicar deporte e a instalación dun parque biosaludable sería moi aproveitable ademais que, situado baixo da Ponte Nova, podería utilizarse tanto no bo tempo como no inverno.
Rubén Arroxo afirmou que esta é unha das propostas que nos achegan veciñas e veciños de Lugo que confían no traballo do BNG-AA neste concello. Arroxo explicou que o PSOE “non é capaz de investir o orzamento do concello e por iso imos facendo propostas que son perfectamente asumibles tanto para a capacidade de traballo do equipo de goberno como para o orzamento municipal” dixo Arroxo e concluíu “estamos abertos a trasladar todas as propostas que veciñas e veciños consideren boas para mellorar a calidade de vida neste concello”.