O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle este venres as subvencións de concorrencia competitiva concedidas a entidades asociativas culturais no 2017. Son axudas que contribuíron a dinamización social e cultural en todas as súas vertentes, e que foron destinadas a programacións de música e baile tradicionais, premios literarios, festivais de teatro e folclóricos, así como xornadas de estudo, entre outras. Nesta anualidade, cun investimento do Goberno da Deputación de 280.000 euros, realizáronse 278 actividades nun total de 55 Concellos da provincia.
Toda a información sobre a resolución das axudas está na páxina web da Deputación.
No repaso por comarcas, comezando pola Mariña, o organismo provincial concedeu un investimento de 62.950 euros para a promoción de 61 actividades para actuacións en 15 Concellos, como por exemplo o Festival Folclórico do Emigrante en Barreiros; a celebración da noite de San Xoán en Alfoz; o festival audiovisual da Mariña Imaxina de Burela; a semana cultural de Cervo; as xornadas de Historia Local de Foz; o certame de Mamá Quero Cantar de Mondoñedo; actividades de animación da ANPA do CEIP Juan Rey de Lourenzá, entre outros moitos.
Cun investimento de 44.336 euros, na Terra Chá, realizáronse 45 actividades en 8 Concellos, como por exemplo a celebración do Día do Libro en Begonte; o Festival da Chaira en Castro de Rei; os xogos tradicionais de XOTRAMU en Cospeito; o Festival de Pardiñas de Guitiriz; a Festa da Malla de Meira; actuación de grupos tradicionais en Pol; o Festival de Bandas de Vilalba ou clases de gaita en Xermade.
O Executivo Provincial promoveu un total de 76 actuacións cun investimento de 73.650 euros en 5 Concellos da Comarca de Lugo. No Concello do Corgo realizouse o certame literario Terras do Chamoso; curso de música tradicional en Friol; en Lugo obradoiros de recreación histórica do Arde Lucus; en Outeiro de Rei celebración do Magosto, asi como actividades culturais da ANPA do Colexio Otero Pedraio de Rábade, entre outras.
O Goberno da Deputación contribuíu tamén nas demáis comarcas cun total de 96.670 euros ao financiamento 110 actividades que se distrubuiron do seguinte xeito. 18 programacións en 6 Concellos da Comarca de Sarria cunha achega de 18.000 euros; os colectivos da Comarca da Chantada recibiron 26.500 euros para realizar un total de 26 actividades en 5 Concellos. Pola súa banda, 7 concellos da Comarca de Lemos realizaron 33 actividades cun investimento de 31.900 euros; e a comarca da Montaña realizou 33 actividades cun investimento de 20.270 euros repartidos en 9 Concellos.