A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, manterá o vindeiro luns, 8 de xaneiro, en Madrid, unha xuntanza de traballo co Presidente de ADIF, Juan Bravo. Faino tras a propia petición enviada pola rexedora luguesa o pasado 29 de maio.
O obxectivo desta reunión, que terá lugar á unha da tarde, e na que tamén estará presente a Directora Xeral de Explotación e Construción desta entidade pública empresarial dependente do Ministerio de Fomento, Isabel Pardo de Vera, é impulsar a execución de distintos proxectos para a cidade.