O Grupo Provincial do Partido Popular considera que, tras a análise da resposta á pregunta trasladada polo populares en pleno sobre a Escola de Piragüismo, alguén debe asumir responsabilidades políticas, xa que, segundo as palabras da voceira Elena Candia, “quedan claras as manobras empregadas para dar un traballo a responsables do BNG e de Galiza Nova”.
A pregunta do Grupo Provincial do Partido Popular, pedía explicacións sobre o procedemento de contratación a Escola de Piragüismo, e dirixíase directamente ao presidente da institución, xa que os populares consideraban que Gómez Besteiro, como máximo responsable da Deputación e, polo tanto, de Suplusa, debía rendir contas á cidadanía.
Elena Candia: