Pablo Rivera na entrega de premios da Copa Princesa de Voleibol

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto con outras autoridades, entregou este domingo no Pavillón Municipal de Lugo os premios da XI edición da Copa Princesa de Voleibol, coa que colabora o Goberno da Deputación. A final disputarona o Clube Lucense CV Emevé e o Madrid Chamberí, acadando a vitoria final o equipo madrileño, que se impuxo por 3 sets a 1. Esta competición é unha das máis importantes da tempada a nivel nacional, pois reuniu aos 4 mellores clubs da Superliga 2 feminina: CV Emevé (Lugo), CV Madrid Chamberí (Madrid), CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva (Valencia). O Goberno de Deputación colabora na organización desta cita deportiva, achegando 70.000  ao Club Voleibol Emevé,  equipo referencia nesta modalidade na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com