Fallado o VII Certame de Narrativa Entre Iguais, organizado polo Concello

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, deu a coñecer este luns os nomes dos gañadores do VII Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos. O Concello organiza a inciativa co fin de loitar pola igualdade real entre homes e mulleres e pola erradicación das violencias machistas.

Así, o xurado, composto pola propia edil de Benestar Social; por Mónica Álvarez, representante do Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade do Concello de Lugo; Belén Regueiro, técnica da Casa da Muller; e a escritora Carmen Conde, decidiu na súa xuntanza celebrada esta mañá na Casa da Muller conceder o premio da primeira categoría (entre os 12 e os 14 anos) a Santiago Barreiro Maroto; e, da segunda categoría (entre 15 e 18 anos) a Adrián Yael Rosa Fernández.

O segundo e terceiro premio da primeira categoría quedaron desertos pois, segundo explica o xurado, ningún se axustaba ás bases. No caso da categoría dos maiores, Noa Lorenzo Otero e Geovanni Álvarez Macía, foron os galardoados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com