Lugo acollerá este domingo o Cross Nacional Ponte Romana

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, participou na mañá de hoxe na presentación oficial da segunda edición do Cross Nacional Ponte Romana de Lugo que terá lugar o vindeiro domingo 14 de xaneiro na cidade lucense. Alí, a máxima responsable do deporte galego salientou que esta proba que nacía hai tan só un ano conta xa cun éxito que transcende “o ámbito local, provincial, autonómico e incluso nacional”.

Deste xeito, Marta Míguez gabou a “excelente xestión deportiva” dunha proba que discorrerá por un “percorrido inmellorable, un campo de cross espectacular e unha infraestrutura ideal con todos os servizos para o desenvolvemento do evento”. Tamén destacou a alta participación na carreira que contará con 700 deportistas entre atletas federados e populares. Así como a colaboración entre as administracións para “sacar adiante estes eventos deportivos referentes de prestixio”.

Desta segunda edición da Cross Ponte Romana cómpre destacar a homenaxe que se realizará á atleta lucense María Abel Diéguez por todos os éxitos colleitados ao longo da súa traxectoria deportiva; así como o carácter solidario deste evento que recadará un donativo para a Asociación SOMOS unidos contra o cancro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com