Condenados a cinco e tres anos de prisión por un delito de tráfico de drogas

A Audiencia Provincial de Lugo condenou esta mañá a dous homes a cinco e tres anos de prisión por un delito contra a saúde pública, na modalidade de Drogas que causan grave dano á saúde.
O tribunal declarou probado que os dous homes, maiores de idade e con iniciais H.F. e A.M., eran os receptores dun paquete chegado dende Brasil ata o Aeroporto de Madrid-Barajas en decembro de 2013 o cal foi interceptado por Aduanas por conter unha substancia que podería ser cocaína. O paquete foi remitido baixo vixianza á oficina de Burela onde, en ocasións, traballaba H.F. e, aínda que o vulto ía dirixido a outro home, H.F. e A.M. foron o día 27 de decembro de 2013 a buscalo. Ao observar vixianza policial, os dous homes abandoaron a oficina.
Días máis tarde, H.F. volveu a acudir á Oficina de Correos de Burela, onde entraba pola porta dos traballadores, pero non foi ata o día 1 de xaneiro de 2014 que o condenado manipulou o paquete e, incluso, lle sacou unha fotografía, aínda que finalmente non retira o vulto da oficina.
O 14 de xaneiro, o Xuzgado de Instrucción número 1 de Viviro autoriza a apertura do paquete para o seu rexistro e descobre que contén 170,70 gramos de cocaína de diferentes riquezas que estaría valorada en 21.575,96 euros.
H.F. foi condenado por un delito de tráfico ilícito de substancias estupefacientes as que causan grave dano á saúde e contando con agravante por reincidencia, a 5 anos de cárcere e unha multa de 42.151,88€ con responsabilidade persoal subsidiaria por impagos por un mes de cada 10.000 euros e outro pola cantidade restante, sumando un total de 5 meses.
A.M., pola súa banda, e ao non ter reincidencia nin antecedentes agravantes foi condenado polo mesmo delito de tráfico ilícito de substancias estupefacientes as que causan grave dano á saúde, a 3 anos e seis meses de cárcere e unha multa de 42.151,88€ con responsabilidade persoal subsidiaria por impagos por un mes de cada 10.000 euros e outro pola cantidade restante, sumando un total de 5 meses.
Asemade, ambos homes deberán pagar á metade as costas xudiciais.
Oito anos por violación, en Monforte
A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou á pena de oito anos de prisión por un delito de agresión sexual a un home, veciño de Monforte de Lemos e de nacionalidade portuguesa, con iniciais V.P., que violou a unha muller no seu vehículo tras ofrecerse a levala á súa casa.  Asemade, o Tribunal acorda a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa vítima durante un prazo de 12 anos, a aplicación da liberdade vixiada unha vez que salga de prisión e a obriga de participar en programas de educación sexual. Finalmente, deberá indemnizar á vítima en 12.000 euros e ao Sergas en 723,18 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com