O ‘Merca e Gaña’ deixa no comercio da provincia máis de 1,6 millóns de euros

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este mediodía de que a campaña Merca e Gaña polo Nadal, que puxo en marcha o Executivo Provincial coa colaboración da Federación de Comercio, e tamén do Concello de Lugo no caso da capital, deixou uns beneficios superiores aos 1,6 millóns de euros no comercio local da provincia.

Campos Conde avanzou esta información no sorteo dos premios desta campaña, no que participaron as 27.000 persoas que realizaron outras tantas compras nos establecementos lucenses por un valor total de dita cantidade (1,6 millóns). Fixérono a través do seus tíckets, que formaron parte da base de datos da que resultaron os 40 gañadores dos premios dun total de 10.000 euros: son 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros. Estes premios son para reinvestir no comercio local.

O sorteo do que resultaron os gañadores e no que se coñeceu os beneficios económicos da campaña Merca e Gaña polo Nadal tivo lugar hoxe no Pazo de San Marcos ante a presenza dun notario. Tamén asistiron Campos Conde, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas López; a Concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto; o representante de ABANCA, Óscar Salgado Seijas.

Os nomes dos 40 premiados publicaranse en www.nadalmercaegana.com, así como nas redes sociais da Deputación,  Concello de Lugo e Federación de Comercio, unha vez realizadas todas as comprobacións oportunas. O vindeiro 26 de xaneiro terá lugar no Vello Cárcere de Lugo a entrega de premios aos agraciados que deberán reinvestir eses premios nos propios establecementos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com