Castroverde terá residencia da terceira idade na primavera

O presidente da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), Manuel Martínez, anunciou esta mañá que a residencia da terceira idade de Castroverde abrirá as súas portas esta primavera. Isto será posible, logo de que a Xunta de Galicia remitise ao novo dirixente de Suplusa a autorización de inicio de actividades de dita infraestrutura.

Dado que este documento é imprescindible para que o centro entre en funcionamento e poida prestar o servizo para o que foi creado, Martínez expresa publicamente “a vontade colaboradora” da administración autonómica, que “foi decisiva para que hoxe poidamos trasladar aos veciños de Castroverde esta boa e agardada noticia”.

O centro residencial O Castro será así o primeiro que abra as súas portas de todos os que Suplusa ten previsto na provincia. “O meu obxectivo dende que collín as rendas da Sociedade foi traballar para avanzar na posta en funcionamento destes centros”, afirmou Martínez, quen avanzou que “a nosa intención é tamén abrir, no menor tempo posible, o resto de residencias”.

Na construción destas instalacións investíronse 1,4 millóns de euros para dar servizo a máis de 30 prazas. Ocupan unha superficie de 1.800 metros cadrados, e ofrecen, ademais do uso residencial (8 dormitorios dobres e 14 individuais), un servizo de enfermaría, formado este por otros dous cuartos individuais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com