O subdelegado do Goberno recibe aos novos capitáns da Garda Civil de Lugo e Vilalba

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá no seu despacho aos capitáns da Garda Civil Amadeo Villarino González e José Antonio Rivero Zobra, que recentemente se incorporaron aos seus postos como responsables das Compañías de Lugo e Vilalba, respectivamente. Acompañounos na reunión o comandante José María Rico.

Ramón Carballo felicitou aos capitáns e desexoulles moitos éxitos nos seus novos cometidos. Animounos ademais a “continuar traballando con dilixencia e responsabilidade para contribuir a seguir mellorando os índices de infraccións penais que tén Lugo, porque isto redundará no prestixio deste corpo de seguridade do Estado e no beneficio do conxunto dos cidadáns desta provincia”.

O capitán Amadeo Villarino González, natural de Bande (Ourense),  incorpórase á fronte da Compañía da Garda Civil en Lugo procedente da Compañía de Tenerife. Anteriormente exerceu como tenente do Servizo Marítimo da Garda Civil en Pontevedra. En Lugo, substitúe no posto a José María Rico Rois, tralo seu ascenso a comandante.

O capitán José Antonio Rivero Zobra, natural de Lalín (Pontevedra), chega á Compañía de Vilalba no seu primeiro destino como capitán. Ata o seu ascenso era o xefe do posto da Garda Civil en Cambados. No seu novo destino substitúe ao capitán Francisco Javier Umpiérrez, destinado a Cebreros (Ávila).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com