José Edelstein ofrece unha nova charla no ciclo ‘Achegando a ciencia no Vello Cárcere’

Baixo o título O Discreto oleaxe do cosmos, o profesor de física teórica da USC, abordará este xoves ás 20.30, a teoría da relatividade de Einstein nunha nova conferencia do ciclo Achegando a cienca no Vello Cárcere, o profesor intentará achegar esta teoría científica á toda a cidadanía que o desexe dun xeito ameno.

Tras unha primeira convocatoria cunha gran afluencia de público, nesta ocasión o poñente é o profesor de Física de Partículas José Daniel Edelstein, que ofrecerá a charla O Discreto oleaxe do cosmos, coa teoría da relatividade de Albert Einstein como fío conductor. Abordará a interdependencia espazo tempo, buracos negros, buracos de gusano e ondas gravitatorias, unha temática merecedora do premio Nobel de Física do ano 2017. Este acto servirá, ó mesmo tempo de presentación do libro Einstein para perplejos do que o propio poñente é coautor con Andrés Gomberoff.

Achegando a ciencia no Vello Cárcere inclúe tres charlas máis, ata o mes de maio. Cada conferencia é independente. Deste xeito, calquera persoa poderá asistir á charla sobre a teoría que máis lle chame a atención, independentemente de ter acudido a algunha das anteriores. Os poñentes son científicos recoñecidos internacionalmente e que teñen habilidades relacionadas coa divulgación científica, asegurando deste xeito que a charla sexa amena e totalmente accesible a calquera persoa que non teña nin o máis mínimo coñecemento científico.

Tras a charla deste xoves, en marzo será a quenda de María Elena Vázquez, que centrará a conferencia nas matemáticas, base de todo coñecemento científico, e aproveitando que se celebra o Día Internacional da Muller, tratará o papel da muller na ciencia. Elena González será a encargada de impartir en abril a charla O Estrambótico mundo cuántico, que versará sobre a física cuántica e na que presentará un mundo que parece escapar ao entendemento humano. Pecha o ciclo Xurxo Mariña, con Unha Viaxe á maquina da mente, sobre a neurociencia, onde se indagará o cerebro, a súa estrutura e as súas funcións. Previsiblemente, no mes de xuño terá lugar unha mesa redonda na que se debaterá sobre a conciencia, un dos temas máis difíciles de abordar dende a perspectiva científica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com