O Centro de Artesanía e Deseño acolle este xoves un concerto gratuíto de piano

O Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación Provincial, acollerá este xoves a partir das 19:00 horas, o concerto gratuíto Profunda amistad, do músico e compositor begontino Adrián Vigo.

Este espectáculo musical é un paso máis na traxectoria deste chairego que nesta ocasión, ofrecerá interpretacións alonxadas das que normalmente adoita interpretar, decantándose pola música de baile.

“Música totalmente saída do corazón”, así define Adrián Vigo o seu primeiro traballo discográfico, que dá nome a este concerto, e que consta de 10 composicións propias en homenaxe a todos os que apoiaron ao compositor durante a súa andaina musical.

Profunda amistad engloba, entre outros estilos, baladas, ritmo pop-rock, bossanovas, e rumbas, onde predomina a voz e o piano. Acompañado polo mestre David Taboada, Adrián Vigo ofrecerá un concerto onde os asistentes poderán gozar da rumba “Unha sensación unida”, da balada “El corazón de una estrella” ou do vals “Davaine”, entre outros temas. A entrada é libre ata completar aforo.

@depulugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com