A oposición presenta as primeiras iniciativas do ano ao Pleno

O último xoves deste mes, o día 25, terá lugar na Casa Consistorial lucense a sesión Plenaria Ordinaria correspondente a xaneiro. Se ben, sería un bó momento para que os grupos da oposición presentaran a moción de censura, non pinta que o vaian facer. A falta de acordos entre eles, leva a que a día de hoxe cada grupo teña claras as proposición a presentar ao Pleno.

As iniciativas son do máis variopintas, dende a mellora de accesibilidade nalgunhas zonas da cidade, ata o cumplimento, por parte de asociacións da Lei de Transparencia, sen esquecerse do bus. Está claro que a oposición, non pode deixar de traballar, pero continúan a facelo por camiños separados e, se cadra, cada vez máis distantes entre eles.

Así, o grupo municipal de Cidadáns, encabezado pola súa voceira, Olga Louzao, presentará ao pleno municipal unha moción para esixir ás asociacións que reciban axudas do concello a cumprir coa Lei de Transparencia, Acceso á información e Bo goberno. Para Louzao, o goberno de Lara Méndez, “ao tratarse de recursos públicos, debe haber un nivel de transparencia máximo e un control estricto” acerca do destino dos cartos subvencionados polo Concello ás asociación.

Louzaou instará ao goberno municipal, ademáis, a facilitar a través do Portal de Transparencia o cumprimento das obrigas esixidas por dita lei ás entidades obrigadas ao seu cumprimento e que non conten con páxina web propia.

Por outra banda, a voceira de Lugonovo, Cristina Pérez, desprazouse hoxe ata a contorna do centro de saúde de San Roque, tras as numerosas queixas da veciñanza da zona, que reclaman unha mellor accesibilidade a este centro. Para Lugonovo, este asunto é prioritario pois “as queixas que nos chegan, por parte dos usuarios do ambulatorio, son continuas. A falta dunha pasarela que o comunique coas vías dos arredores, obriga ao peón a ter que percorrer unha xincana de escaleiras, sen beirarrúas de dimensións axeitadas e coa única opción de baixar ata Fontiñas para atopar un paso de cebra polo que cruzar. Unha conxuntura nada apropiada para o edificio do que se trata”.

Á espera de que o ascensor proxectado nesta avenida se convirta en realidade e axude a eliminar parte das barreiras existentes, e ante as reiteradas protestas que a poboación vén formalizando ao respecto, Lugonovo entende que é preciso deseñar tamén unha solución capaz de superar o resto de atrancos que complican os desprazamentos neste espazo.

Entre as numerosas mocións que levará o PP, grupo maioritario, a Pleno, atópase a relativa a que se implante, no Concello de Lugo, un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e outra móbil, para así dar a mesma oportunidade de contratación a todos os empresarios e pemes da cidade que así o desexen.

Pola súa banda, o BNG-AA continúa coa campaña do Carpa-bus dende a cal están a recoller propostas por diferentes puntos da cidade de cara a coñecer a pé de rúa as inquedanzas da veciñanza de Lugo ao respecto das liñas de bus urbano. O portavoz municipal, Rubén Arroxo, explicou que o BNG proporá que se estudie a posibilidade de trasladar a parada de bus de diante de sindicatos á explanada da Xunta “xa foron varias as persoas que nos apuntaron esta idea, xa que se podería facer unha zona cuberta con marquesiñas na gran explanada que hai diante do edificio da Xunta para que os usuarios e usuarias puideran esperar comodamente neste punto que se convertería nunha especie de mini-estación lanzadeira para enlazar as diferentes liñas”. Neste momento a parada que está diante do edificio de sindicatos non ten o espazo axeitado para todas as persoas que esperan polos diferentes autobuses que pasan por alí.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com