Turismo de Galicia estrea a Ruta da Ribeira Sacra en tren

A directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe en Fitur as novidades da sexta edición dos Trens turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas dos últimos anos. Nesta ocasión, estrearanse dous itinerarios completamente novos que enriquecen este produto: a Ruta dos Mosteiros e a Ruta da Ribeira Sacra do Miño.

O expositor de Galicia na 38ª edición de Fitur, en Madrid, acolleu a presentación, na que tamén participaron o xerente da Área Comercial de Renfe, Javier Díaz Trisac, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, as tres institucións que fan posible os Trens turísticos de Galicia. Ademais, asistiu a presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, responsable da posta en marcha desta iniciativa na súa etapa como ministra de Fomento. A Ruta da Ribeira Sacra do Miño comprenderá na súa travesía os concellos de Monforte de Lemos ou Chantada, cun paseo en catamarán polo río Miño, adegas ou a visita ao Ecomuseo de Arxeriz, no Saviñao.

Outro dos aspectos máis salientables da próxima edición dos Trens turísticos de Galicia será que diversas rutas contarán con teatralizacións, a cargo de actores caracterizados de personaxes históricos que farán unha serie de aparicións sorpresa ao longo do percorrido. Isto engade un novo atractivo para os visitantes, que o pasado 2017 procedían de ata 18 países diferentes e da práctica totalidade das comunidades autónomas españolas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com