O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este sábado na inauguración da XV Festa do Chícaro de Foz. Trátase da cita gastronómica que acolle o municipio mariñán durante a xornada de hoxe e mañá, domingo, na carpa habilitada no peirao de Foz e nos establecementos hostaleiros do municipio. O Goberno da Deputación colabora cunha achega económica de 3.000 euros ao Concello para a celebración desta feira co obxectivo de promover o berberecho, un produto autóctono dunha calidade exquisita e cun factor de singularidade turística capaz de atrae a milleiros de visitantes.
Nesta décimo quinta edición da festa ofreceranse máis de 1.200 kg deste manxar que se poderá degustar ao vapor, empanado, á provenzal ou con fabas de Lourenzá. Os pratos preparados na carpa habilitada no peirao de Foz teñen un prezo de 5 euros con pan incluído e as actividades complétanse con música e animacións pola rúas.