Deputación e USC reforzan a educación con 400.000 euros o Campus Terra

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o reitor da Universidade de Santiago (USC), Juan Viaño Rey, asinaron esta mañá no Pazo de San Marcos un novo convenio de colaboración de 400.000 euros para a 5º edición do Plan de Choque na universidade lucense. No acto, no que estivo tamén presente o Vicerreitor de Coordinación do Campus Terra, Javier Bueno Lema; Campos e Viaño deron a coñecer os resultados acadados co plan ao longo dos últimos anos, no que se constatou “unha repercusión moi positiva sobre a actividade do Campus de Lugo”.

Neste senso, o Reitor engadiu que “o poder dispoñer dunha educación superior pública e de calidade é un dos piares do Estado do Benestar e un indicador de que queremos ser un país desenvolvido que aspira a estar entre os mellores do mundo. A USC e a Deputación de Lugo así o entenden e por elo traballan xuntas con iniciativas como a que hoxe vimos de asinar”. Un convenio no que a entidade provincial inviste 350.000 euros e a universidade outros 50.000.

Pola súa banda, o Presidente subliñou que “este convenio enmarcase na nosa aposta por unha educación pública de calidade; por ofrecer facilidades de acceso á mesma, contribuíndo á igualdade de oportunidades dende unha administración como a Deputación de Lugo que defende que os fondos públicos deben ser para potenciar o público e o Estado do Benestar; e por fomentar o Campus de Lugo, recoñecido como un dos mellores en España segundo o U-Ránking e con grande prestixio internacional; e Lugo como cidade universitaria pola calidade de vida e o bo acoller de todos os lucenses, como así o apuntan 9 de cada 10 estudantes da universidade lucense”.

Viaño Rey apuntou que “no ano 2014, cando iniciei o meu mandato como reitor da Universidade de Santiago de Compostela, atopámonos o Campus da cidade de Lugo nunha situación delicada. Acudimos por elo á Deputación para plantexarlle a posta en marcha dun plan de choque para o Campus. O apoio decidido que naquel momento recibimos do seu Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, permitiu que no mes de xuño xa tiveramos en marcha a campaña de promoción do Campus Para estudar Lugo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com