Deputación e concello de Sarria presentan a segunda Feira Internacional do porco

O Deputado Provincial pola Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, e á Concelleira de Turismo, María Isabel López Lebón, presentaron esta mañá a II Feira Internacional do porco e os seus produtos autóctonos e o X Cocido do Porco Celta de Sarria, que terán lugar os vindeiros días 27 e 28 de xaneiro no Mercado Gandeiro de Sarria e nos establecementos participantes. Deputación e Concello de Sarria son as únicas administracións que invisten na organización de FIPORCO cunha achega de 8.000 euros para promover este produto autóctono e xerar riqueza na provincia.

Na presentación, tamén participaron os Alcaldes dos Concellos da Comarca: Paradela, Triacastela, Samos, Láncara, e O Incio, pois colaboran coa difusión da décima edición do Cocido do Porco Celta; así como representantes da Asociación Hostaleira “O Camiño de Santiago” e da Academia Galega de Gastronomía, que contribúen á organización da cita gastronómica.

Rivera Capón subliñou que “é de agradecer o traballo e a implicación do Concello de Sarria na posta en marcha da Feira Internacional FIPORCO, un proxecto que nacía o ano pasado coa intención de alcanzar relevancia non só na nosa comunidade, senón tamén fóra das fronteiras do país. Esta segunda edición da Feira, en paralelo ao Cocido, reunirá a preto dun milleiro de persoas, o que da boa conta da relevancia da cita. E, como non podía ser doutro xeito, dende a Deputación non dubidamos en colaborar para que o evento se consolide e sexa un referente na comarca”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com