O rural das Nogais estrea accesos a vivendas e explotacións gandeiras

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e ducias de veciños das Nogais comprobaron esta mañá o resultado das melloras que o Goberno da Deputación levou a cabo nos accesos públicos ás vivendas de 200 veciños e ás 19 explotacións gandeiras de zonas rurais do municipio. Trátanse do núcleo de Castelo e da parroquia de Doncos, que é unha das máis poboadas do Concello. As obras, financiadas na súa totalidade polo organismo provincial con 23.000 euros, consistiron no acondicionamento do firme, ensanche da vía e reforzo dos muros de contención.

Santos Ramos destacou que “estas obras enmárcanse na aposta deste Goberno Provincial por unha Deputación coas persoas, social e rural; por unha institución que está sempre cos veciños, tentando dar resposta as súas necesidades. Nunha provincia como Lugo, 100% rural, estas pasan pola dotación ou mellora de servizos públicos imprescindibles para poder vivir no rural e do rural con dignidade, nunha acérrima defensa pola igualdade de oportunidades”.

Neste senso, o Deputado engadiu que “os veciños solicitáronnos estas actuacións e nós démoslles resposta, tendo en conta a súa necesidade, así como os seus beneficios para os mesmos, nunha clara defensa polo público dende o público”.

Santos Ramos explicou que “as melloras nos accesos públicos ao núcleo de Castelo, na parroquia de Noceda, benefician directamente aos 60 veciños que os empregan a diario para ir as súas vivendas ou as 4 explotacións gandeiras da zona, así como a ducias de cidadáns de xeito indirecto pois, hai que ter en conta, que este tamén é o acceso ao cemiterio da zona. E as obras nos accesos públicos a Doncos, unha das parroquias máis poboadas do Concellos das Nogais, repercuten directamente nos 130 veciños que viven neste núcleo e nos profesionais que traballan nas 15 explotacións que aquí se atopan”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com