O BNG preguntará polos estudos contratados para localizar augas termais na Ponte

O voceiro do BNG-AA no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou esta mañá que presentará unha serie de preguntas para coñecer os resultados dos estudos anunciados en 2017 para localizar vías de auga termal no entorno da Ponte Romana. Rubén Arroxo lembrou que “en marzo do pasado ano o goberno recolleu esta proposta do BNG e anunciou o inicio de estudos para localizar augas termais” e sinalou que“a alcaldesa fixera o anunciou mediatico no entorno da Ponte Romana co seu habitual atril, pero non voltamos saber nada”.

A creación dunha zona con piscinas termais públicas ao carón do río na zona da Ponte Romana é unha das propostas do BNG para investir os fondos EDUSI. Arroxo presentou, no seu momento, unha proposta para que se incorpore ao proxecto que se desenvolva cos fondos europeos do Plan EDUSI a creación de piscinas públicas termais. A creación de piscinas termais públicas exteriores encaixa perfectamente dentro das liñas estratéxicas do Muramiñae que ten, entre os seus obxectivos, o impulso do entorno fluvial con novas dotacións que sirvan como atractivo desta zona. Segundo o voceiro do BNG “a creación destes espazos suporía un atractivo máis no entorno do balneario e a ponte romana que estaría activo durante todas as épocas do ano”.

Arroxo pedirá explicacións ao goberno municipal sobre as xestións feitas para “avanzar neste asunto que pode dar un impulso ao turismo na cidade e supoñer a creación dun espazo de lecer novo para todas as persoas que habitamos en Lugo”. “O BNG-AA xa incluira esta proposta nos seus programas electorais e este momento de poder efectivizala grazas aos fondos europeos do Plan EDUSI” sinalou Arroxo. Esta proposta non é unha novidade xa que o BNG defendeu, dende fai tempo, esta actuación xunto con outras, como a zona pública de baño ou un centro de interpretación do río Miño, para poñer en valor a zona fluvial de Lugo e convertela nun atractivo máis para lucenses e visitantes.

Rubén Arroxo sinalou que en Ourense xa existen piscinas deste tipo que teñen un grande éxito entre a poboación local e que atraen a multitude de visitantes. O complexo de A Chavasqueira foi o primeiro dos postos en marcha no concello de Ourense que despois completou a súa oferta con outras zonas termais públicas no entorno do río Miño. Arroxo dixo que “en Lugo é perfectamente realizable por que existen betas de auga quente que se están perdendo de utilizar”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com