Lugo xa conta con catro xeodestinos

O Grupo de Traballo promovido desde a Delegación territorial da Xunta en Lugo celebrou esta tarde a súa última reunión tras acadar o obxectivo de completar a totalidade dos xeodestinos da provincia de Lugo. No encontro, presidido polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participaron os alcaldes e representantes dos municipios interesados en sumarse a esta iniciativa e o responsable de Turismo da Deputación provincial.

Deste xeito o cen por cen da provincia de Lugo terá formalmente constituído un xeodestino de referencia, como ferramenta para a promoción turística conxunta e como medio para acceder ás axudas que convocan as distintas administracións con este fin, en particular, a axencia de Turismo de Galicia.

Aos xeodestinos que xa estaban en funcionamento da Mariña lucense e da Ribeira Sacra, súmase agora dous novos, completando a totalidade da provincia, tras acordarse a constitución dos xeodestinos da Montaña lucense (Ancares-Courel) e das comarcas centrais (Lugo, Terra Cha, Sarria e A Ulloa).

Lugo como destino conxunto, diferenciado, completo e de calidade

Balseiro valorou positivamente este novo paso xa que logo o turismo, cada vez en maior grado, está chamado a converterse nunha das grandes oportunidades de crecemento económico e por iso é preciso seguir mellorando a promoción dos atractivos das distintas áreas e da provincia no seu conxunto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com