Asociación de Veciños de Lugo

Xuntanza de “Lugo en Pé co Delegado da Xunta en Lugo

Mañá luns día 29 de Xaneiro de 2018, a Plataforma Cidadá “Lugo en pé” na defensa do Rural (Plataforma que agrupa todas as Asociacións do sector rural) promovida pola Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo, manterá unha reunión no Edificio Multiusos da Xunta de Galicia, co seu Delegado  José Manuel Balseiro, para tratar sobre as condicións en que se atopa o rural no concello de Lugo.
A colaboración financeira da Xunta de Galicia para avanzar no saneamento do rural, con cargo ao exercicio 2018, será un dos  asuntos queestarán sobre da táboa, para o que se pedirá unha achega desde o Goberno Galego, dun 70 % do orzamento das obras previstas, ás cales deberá de aportar o Concello de Lugo o 30 % restante.
Asemade e, ante os casos de falta de subministro de auga potable, como ocorreu no pasado 2017, solicitar da Xunta de Galicia unha liña de axudas para levar a cabo traídas de augas que poida atender os núcleos de poboación con máis risco de padecer a falta de subministro.
Tamén, na xuntanza, solicitaraselle ao Delegado da Xunta o seu apoio para que realice diante das distintas compañías que prestan servizos de Telefonía móbil e Internet, para que estas se impliquen na mellora , no menor tempo posible, da súa cobertura na zona rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com