Portomeñe advirte a Lara Méndez que derrumbe o Garañón canto antes

O voceiro de Alternativa Cidadá de Esquerda- Esquerda Unida no Concello de Lugo, Carlos Portomeñe, acusou á alcaldesa, Lara Méndez de mentir, ao asegurar que quere ser a rexedora que tire o Garañón e asegurou que Méndez está a “dilatar premeditadamente” esta situación que conlevará, advertiu, uns gastos de entre 1 e 2 millóns de euros ás arcas municipais por non iniciar o expediente nun primeiro momento.

Agora, cunha execución forzosa por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Lara Méndez xógase ademáis, dixo Portoñene, unha nova imputación. Se o goberno local tivese iniciado o devandito expediente de xeito voluntario, corresponderíalle á empresa promotora encargarse da demolición e o seu custe.

“Coas súas manobras dilatorias Lara Méndez liberou ao promotor da súa obriga de repoñer a legalidade e condenou a toda a cidadanía de Lugo a pagar cos seus cartos públicos esta desfeita urbanística”, explica Carlos Portomeñe. Así o indica o escrito presentado pola Asociación Pola Defensa do Parque Rosalía para solicitar a execución forzosa das sentenzas anulatorias das licenzas e o planeamento urbanístico da zona, que reza textualmente: “A nulidade da ordenación urbanística e licenzas determina a obriga do ente local que as concedeu a demoler o construído ao seu amparo, sen necesidade de que se declare expresamente tal demolición, obriga que sí lle correspondería á promotora no caso de que o se tivese incoado fose o procedemento de reposición da legalidade e non un proceso xurisdiccional”.

“Lara Méndez segue a falar do derrubamento como unha opción cando é unha obriga legal e ademáis continúa insistindo na posibilidade de salvar parte do construido, cando o mandato xudicial é a demolición total. Tódalas súas decisións contradín as súas declaracións de intencións, ata o punto de non reservar nin un só céntimo nos orzamentos para os traballos de derribo, indo unha vez máis en contra dun acordo do Pleno”, indica o concelleiro.

“Os feitos deixan claro que a alcaldesa segue máis preocupada dos intereses privados do promotor que do interese xeral. É unha burla que para non actuar se excuse na cautela para evitar ir en contra das arcas municipais, cando é xustamente a falta de actuación a que perxudicará ás arcas municipais”, salientou Portomeñe. ACE-EU ve confirmado que a alcaldesa se autoimpuxo como presidenta da Comisión de O Garañón indo en contra do Regulamento Orgánico Municipal co obxectivo de bloquear a apertura inmediata do expediente de reposición da legalidade.

“Iso é falsear a realidade”

Para Lara Méndez, as palabras de Carlos Portomeñe “falsean a realidade, non é certa esa premisa; tócanos traballar con rigorosidade pensando na cidadanía de Lugo, é a forma de actuar que temos”. A rexedora asegurou que “desde o minuto cero” o Concello traballa no procedemento para a execución da sentenza e para intentar ter o mellor resultado posible.

Actualmente, segundo afirmou a rexedora o goberno loca está á espera dos distintos informes para despois remitir á Cultura e que sexa este órgano quen faga un informe preceptivo para seguir tomando decisións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com