A Garda Civil detén en Sarria a tres presuntos autores dun delito de roubo con violencia

A Garda Civil detivo esta madrugada en torno ás 2 e media da mañá a tres veciños de Sarria de entre 19 e 22 anos como presuntos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación.

Segundo explica a Garda Civil, sobre a 1 e cuarto desta madrugada, chégalles o aviso de que tres persoas agrederon e roubaron ao habitante dunha vivenda da localidade sarriá, ocasionándolle á vítima feridas de diversa consideración.

Os axentes inician un operativo policial localizando a dous dos presuntos autores dos feitos en torno ás 2 e vinte da mañá transitando por unha céntrica rúa de Sarria e procedendo á súa detención. Minutos máis tarde localizaron tamén ao terceiro implicado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com