O PP agradece o apoio do Pleno para garantir que as residencias sigan adiante

O Grupo Provincial do PP agradece o apoio do Pleno para garantir que as residencias sigan o seu proceso de apertura e se atendan as demandas dos traballadores seleccionados e dos futuros usuarios. Os populares presentaron unha moción na que demandaban que a Deputación de Lugo que fixe de maneira urxente os prezos por praza dos centros de atención á terceira idade acordes co fin do servizo social que prestan -baseados nos pertinentes informes técnicos- de cara a avanzar na súa pronta apertura.

A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, asegurou que o seu Grupo presentou esta moción ante as dúbidas que están a xurdir en relación coa xestión destes centros. Tanto é así, explicou, que para algún deles pediron o PIA a través de Suplusa e tamén a través da Deputación de Lugo, o que xera certas sospeitas sobre a xestión que os socialistas prevén de cara o futuro das residencias.

Candia sostivo que no momento no que nos atopamos, con parte dos centros rematados, o normal sería que a Deputación tivera xa un borrador dos prezos públicos para ese servizo como así ten acordado cos concellos cos que se asinou convenios para poñer en marcha residencias. “Xa existen informes técnicos e saben que é un requisito para a súa posta en marcha, polo que deberamos telo xa”, precisou. Engadiu ademais que no último consello de administración de Suplusa celebrado en Castroverde non quedou claro o custo por praza nin o futuro. “Botamos en falta a claridade na explicación como cando había que botarlle a culpa á Xunta”.

Tras os avatares polos que houbo que pasar para chegar a apertura dos centros, a voceira do PP considera que o primeiro pleno do ano é un bo momento para manifestar as intencións do Goberno, aclarar que esas aperturas van ser reais e se vai seguir adiante coa pasos establecidos nos convenios asinados cos concellos, como a creación dun órgano para impulsar os obxectivos marcados nos mesmos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com