‘Imaxe e Palabra’, organizada por Aspnais, na Biblioteca Provincial

A Biblioteca provincial de Lugo acolle dende o vindeiro xoves, día un a exposición Imaxe e Palabra, organizada por Aspnais con motivo do seu 50 aniversario.

A mostra, que se inaugurará o propio día un ás 13.00 horas, naceu froito das aportacións de 16 fotógrafos e 31 escritores, no decurso das visitas efectuadas aos talleres da asociación provincial de pais, nais e titores de persoas con diversidade funcional intelectual.

Estas fotografías, cos textos que as acompañan, formaron parte da exposición ASPNAIS, 50 ANOS, que se abriu ao público na sala de arte da Deputación Provincial de Lugo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com