O Concello abre o prazo para solicitar un espazo nos hortos urbanos municipais

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo aprobou esta mañá a convocatoria do procedemento para o outorgamento de autorizacións de usos dos hortos urbanos municipais. Deste xeito, o Goberno abrirá o luns o prazo para que todos aqueles veciños interesados presenten unha solicitude para o uso das 30 parcelas acondicionadas polo Concello no Parque dos Paxariños como hortos urbanos. Será unha convocatoria por concorrencia competitiva para adxudicar a ocupación e uso temporal dos terreos.

Entre outros asuntos, a Xunta de Goberno tamén aceptou a subvención outorgada pola Comisión Euopea para o proxecto Europe Direct, ao abeiro da convocatoria de propostas 2018-2020. Son un total de 25.840 euros para este ano co obxectivo de ofrecer un servizo de promixidade, que lle permita á cidadanía obter información, asesoramento, axuda e respostas ás súas dúbidas sobre a lexislación, as políticas, os programas e as posibilidades de financiación da Unión Europea.

Doutra banda o voceiro municipal, Miguel Fernández respondeu ás declaracións vertidas onte polo vivevoceiro popular, Enrique Rozas quen cualificaba de “fracaso a aprobacións dos orzamentos” do Concello. Para Fernández as afirmacións de Rozas “falsean a realidade” e culpou do atraso á “actitude obstrucionista” do PP. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com