A Garda Civil detén aos presuntos autores dun roubo con violencia

A Garda Civil detivo esta mañá a tres persoas, un súbdito Venezolano e dous de orixe Romanesa con idades comprendidas entre os 18 e os 54 anos de idade, veciños de Lugo e Pontevedra, como supostos autores dun delito de roubo con violencia e intimidación.

Os presuntos autores fuxiron do lugar no interior dunha furgoneta, iniciándose un operativo policial que deu como resultado a detención destes tres homes. As persoas detidas foron postas a disposición do Xulgado de Instrución
número 1 de Lugo.

Noutro eido, a Garda Civil investiga na localidade de Rábade a un veciño de Mosteiro de Pol de 22 anos de idade como suposto autor dun delito contra a seguridade colectiva, tras ser  sorprendido conducindo un turismo, tendo a perda total dos puntos asignados legalmente tras unha resolución dimanante da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com