O BNG precinta simbólicamente un edificio en ruinas da Tinería

O grupo municipal do BNG-AA fixo esta mañá un acto simbólico na Tinería para demandar a atención da Xunta e do Concello sobre este barrio. No acto, que consistiu en precintar as ruinas do que fora a Torre de San Miguel, pertencente ao executivo autonómico, estiveron presentes militantes e simpatizantes do partido nacionalista así como o voceiro municipal, Rubén Arroxo, e a parlamentaria do BNG na cámara galega, Olalla Rodil que demandaron máis atención por parte das administracións para a rehabilitación e rehabitación efectiva do barrio.

Durante o acordoamento simbólico, Rubén Arroxo sinalou que é moi lamentable que Lugo e a Tinería sexan noticia nos informativos de cadeas estatais polo abandono do barrio no que, lembrou, confluen tres elementos Patrimonio da Humanidade.

“PP e PSOE utilizan a Tinería para a confrontación entre Xunta e Concello pero dende que o BNG apostou pola rehabitación non se volveu facer nada no barrio”, afirmou Arroxo que pediu “responsabilidade aos gobernos da Xunta e do Concello para axilizar todas as xestión necesarias para que os edificios que xa son propiedade das administracións poidan ser rehabilitados canto antes”. Rubén Arroxo puxo como exemplo un dos edificios máis simbólicos do barrio, a torre de San Miguel, antigo hospital de peregrinos un edificio cun alto valor patrimonial. Este edificio, igual que o Pazo de dona Urraca, xa son propiedade da Xunta e continúan deteriorándose ante a pasividade do goberno galego.

Olalla Rodil lembrou que dende que hai 9 anos e chegou Feijoo á Xunta abandonouse o proxecto iniciado polo BNG durante o goberno bipartito e sinalou que “nos orzamentos da Xunta para este ano 2018 non existe ningunha partida económica para actuar no barrio da Tinería” e criticou “a falta do compromiso do goberno do PP na Xunta con Lugo e dun proxecto político serío para o barrio da Tinería que podería converterse nun motor económico para cidade”.

“PP e PSOE utilizan a Tinería para a confrontación entre Xunta e Concello pero dende que o BNG apostou pola rehabitación non se volveu facer nada no barrio” afirmou Arroxo que lembrou as carreiras de atriles para dar roldas de prensa no barrio da Tinería na que competían a Alcaldesa e o Delegado da Xunta”. Arroxo anunciou que “o BNG seguirá traballando para que no barrio da Tinería se recupere o proxecto de rehabitación e rehabilitación iniciado durante o bipartito da Xunta”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com