Concello e Deputación poñen en marcha os Faladoiros Feministas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, presentaron esta mañá, no Vello Cárcere, a programación de Faladoiros Feministas, que poñen en marcha as dúas administracións co obxecto de crear un espazo de reflexión da actualidade dende a mirada da muller. A programación arrincará este venres, 2 de febreiro ás 20 horas, e desenvolverase ata o 25 de maio no auditorio do centro cultural do Vello Cárcere. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo, 137 prazas.

Durante o acto, no que tamén estivo presente Carmen Simón, representante do Foro Feminista, Ana Abelleira insistiu na necesidade do feminismo e lembrou a Simone de Beauvoir, quen o definía como unha forma de vivir a vida individualmente e de loitar pacífica e coletivamente. Así mesmo tamén quixo recordar a creación desta corrente, unha historia de hai 3 séculos, e reivindicou ao feminismo como un dereito de igualdade. Para rematar, fixo un chamamento ao compromiso coa igualdade de dereitos e coa súa visibilización, unha competencia tanto dos organismos públicos como da cidadanía.

Pola súa banda, Sonsoles López apuntou que “con estes faladoiros amosamos á cidadanía o significado real do feminismo porque cremos que hai moito descoñecemento deste movemento social que ten como principal obxectivo a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, ao tempo que dende Deputación e Concello de Lugo queremos poñer en valor o fundamental papel que xogan as mulleres na nosa sociedade, dentro da nosa aposta conxunta por ser unhas institucións sumamente sociais e coas persoas”.

Esta iniciativa, de conexión do feminismo coa cidadadanía, trata de propoñer alternativas, para siutacións derivadas da estrutura social patriarcal, erradicar os prexuízos que engaiolan ás mulleres, empoderalas e achegar o feminismo á sociedade, como ferramenta de loita contra as violencias machistas. Deste xeito, con esta programación de conferencias búscase aportar ferramentas e recursos para fortalecer o empoderamente feminino, favorecer o coñecemento e a situación actual en cuestións de igualdade, identificar as causas do estado actual de opresión patricular e definir propostas de solución, entre outros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com