O próximo sábado 28 de febreiro remata a décimo-quinta Mostra de Teatro Clásico de Lugo, coa obra musical La flauta mágica, variaciones Dei Furbi, e que recibiu o premio MAX 2014 ao mellor musical.
Trátase dunha adaptación da ópera de Mozart, unha gran ficción simbólica que culmina nun himno de fraternidade universal e que a compañía Dei Furbi usa como fio condutor para a especulación entre o Ben e o Mal cunha mezcla de humor de alta calidade.