O Presidente da Deputación participou na XXI Feira do Butelo da Fonsagrada

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Deputado de Cooperación cos Concellos e Alcalde da http://www.afonsagrada.org, Argelio Fernández Queipo, participaron este domingo na XXI Feira do Butelo da Fonsagrada, que conta co apoio principal do Goberno da Deputación. O organismo provincial  colabora con este municipio da montaña lucense na organización do evento gastronómico, cunha achega de 6.000 euros, para promover os produtos autóctonos e dinamizar a actividade e a economía do rural lugués. Ao longo do día puxéronse á venda 10 toneladas de butelo en 65 stands, xunto con outros embutidos e alimentos tradicionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com