A Deputación abre o prazo para inscribirse nos 188 novos empregos do Ben Empregado 4

Aberto o prazo para concorrer aos 188 novos postos de traballo para lucenses no paro en todos os sectores, que xera na provincia o Goberno da Deputación co Ben Empregado IV, máis social. Trátase da programación que financia en solitario o Executivo Provincial con 2,4 millóns de euros que permiten financiar durante un ano os custos laborais de novos traballadores en entidades e asociacións da provincia. Os interesados poden inscribirse ata o 19 de febreiro a través da Axencia de Colocación da Deputación ou nos Rexistros Provinciais.

Tendo en conta as peticións dos solicitantes que resultaron beneficiados do Ben Empregado IV, o Goberno da Deputación financiará ao 100% os custos laborais de 19 lucenses no paro con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social, ao 90% os de 39 persoas sen
traballo que serán contratadas en colectivos e asociacións e ao 50% a 130 veciños desempregados que comezarán a traballar en entidades da provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com