Juan Carlos, nomeado a mellor xogador de LaLiga 1,2,3 de xaneiro

LaLiga 1|2|3 anunciou os candidatos a xogador do mes de xaneiro, entre os que se atopa Juan Carlos Martín, porteiro do CD Lugo. A terna de candidatos complétana o dianteiro uruguaio Michael Santos do Sporting de Xixón e Gonzalo Melero da SD Huesca.

A gran traxectoria de Juan Carlos ao longo de toda a tempada vese recoñecida con este nomeamento nun mes no que o gardameta albivermello pasou á historia. A ninguén se lle pode borrar da retina o gol que o porteiro de Marchamalo anotou o pasado 20 de xaneiro fronte ao Sporting de Xixón.

Aquel zapatazo desde o seu campo, no minuto 80, que acabou entrando na portería do Sporting de Xixón, percorreu medio planeta, pero non foi o único mérito do noso cérbero para esta candidatura.

Juan Carlos participou en todos os minutos disputados polo equipo nun mes de xaneiro que se saldou con dous triunfos, fronte a Sporting e Reus;, un empate, contra o Cádiz no Carranza, e unha derrota en Almería. Nos próximos días LaLiga anunciará cal dos tres nomeados álzase finalmente coa distinción como mellor xogador do mes de xaneiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com