En Marea esíxelle ao alcalde de Palas que cumpra coa xustiza e dimita

En Marea considera que a única “decisión decente” que pode tomar o aínda alcalde de Palas é cumprir coa xustiza e dimitir. Para En Marea o alcalde está condenado por prevaricación e por acaso laboral á secretaria do concello. En Marea lembra que a Lei Electoral establece a inhabilitación aínda que a sentenza non sexa firme para casos como este de prevaricación.

Neste sentido, o voceiro de En Marea, Luís Villares, considera que é “moi dubidoso” que alguén como Pablo Taboada, sentenzado por prevaricación “poida facer nomeamentos e tomar decisións de goberno”. Neste mesmo sentido, a secretaria municipal de Palas de Rei puxo reparo de legalidade a numerosas decisións tomadas polo alcalde.

Villares sinalou tamén que o Partido Popular “quere manter o poder a toda costa porque sabe que se lle escapa das mans” e para facelo “apóiase en prevaricadores e acosadores laborais condenados por sentenza xudicial”. Isto leva ao PP a ser “consentidor, por unha banda, e autor directo dunha ilegalidade ao non cumprir coa lei electoral”. O voceiro de En Marea sinala que con esta actidude “temos que entender que o PP busca cometer ilegalidades e beneficiarse con elas para manter o poder”.

Ao alcalde, Pablo Taboada, En Marea pídelle que renuncie de maneira inmediata a alcaldía e a acta de concelleiro. En caso de que non sexa así, debe ser a Dirección Xeral de Aministración Local a que ten que facer cumprir a lei e materializar a inhabilitación do alcalde. Villares apuntou que existen mecanismos legais para facer efectiva esta inhabilitación desde a Xunta de Galicia, “algo que non sucederá porque vai en contra dos intereses do Partido Popular”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com