A Deputación construirá en Ribas de Sil un parque ambiental e mellorará en Begonte as instalacións do club fluvial

A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación das obras do parque ambiental en Ribas de Sil, dotadas de 67.700 euros, financiadas nun 80% por fondos europeos do programa da Deputación Lug02.

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, explicou que estes traballos, que comezarán nos próximos días e estarán listos en marzo, consistirán na recuperación integral da zona infantil da Praza do Ladrillo.

Neste espazo, había un parque infantil que o Concello reubicou na praia fluvial de San Clodio tras rehabilitar o conxunto dos seus xogos. Agora, a Deputación construirá en dita praza un novo parque, que contará con xogos infantis e paneis informativos sobre a riqueza natural da zona. Tamén acondicionará o entorno do parque, peonalizando os seus accesos, para incrementar a seguridade dos seus usuarios.

A maiores destes traballos, inclúese a dotación de 2 rocódromos na praia fluvial de San Clodio para complementar as prestacións que xa ofrece este espazo, “que é un dos reclamos turísticos por excelencia na zona Sur da provincia”, subliñou Martínez.

A sesión tamén acordou achegar 39.900 euros ao Centro de Iniciativas e Turismo de Begonte para executar obras de mellora no edificio de usos múltiples do club fluvial. Estes traballos consistirán no acondicionamento integral do edificio que acolle a cafetería e os servizos de duchas e vestiarios.

Trátase dunha axuda máis da Deputación na posta en valor deste espazo, que na tempada de verán, e cando o tempo acompaña, recibe unha media diaria de 150 persoas. A Deputación financiou con outros 30.000 euros a execución dun plan integral de mellora no club fluvial de Begonte, a través do que se levaron a cabo melloras no parque infantil, no espazo deportivo e na zona de recreo.

Novas relacionadas

  1. Benxamin
    Mai 31, 2015 - 06:23 PM

    Boas.

    Agradeceríalles que editasen o titular de esta nova:

    https://www.xornaldelugo.com/a-deputacion-construira-en-ribas-do-sil-un-parque-ambiental-e-mellorara-en-begonte-as-instalacions-do-club-fluvial/

    Ribas de Sil é o topónimo legal e único, segundo esixe a Lei do PArlamento Galego 3/1983

    Reply
  2. J Eduardo Veiga (@JEduardoVeiga)
    Feb 27, 2015 - 09:19 PM

    A Deputación construirá en Ribas do Sil un parque ambiental e mellorará en Begonte as instalacións do club… http://t.co/NuytEXJQEw

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com