O Emevé viaxa para traer a victoria a casa esta fin de semana

Os dous equipos da superliga 2 de Voleibol, viaxan esta fin de semana para seguir sumando puntos na súa marcadora e deste xeito, asegurar a primeira praza no apartado masculino e os play off no apartado feminino.

As mozas mídense o sábado ás 19:00 horas no Pavillón do Barrio das Flores a un rival e amigo como é o CV Zalaeta. O derbi, importante a vitoria nos dous equipos, será o encontro máis destacado do fin de semana. As coruñesas veñen de conquistar o bronce na Superliga Junior, polo que están no seu mellor momento; mentres que as lucenses atópanse imparables, dobregando aos seus últimos rivais, de forma destacada e notable.

Será un encontro, no que reinará o voleibol no seu maior expoñente. Jose Vale pode optar no seu septeto inicial con: Carmen Saa, Laura Villasante, Alba Pizarro, Lucía Prol, María Aguiar, Irene Yañez e Eliana González ( Líbero). Como reservas: Julia Paradela, Paula Lorenzo, Aitana Fernández, Ainara Burgo e Paula Reija.

Os mozos, tócalles viaxar a Tenerife. O sábado ás 20:00 horas mediranse ao Arona Paradise Park no pavillón Jesús Domínguez Grilo. Cuartos na clasificación, os tinerfeños teñen vantaxe xa que xogan en casa co seu público, pero os lucenses, viaxan con ambición de poder seguir liderando o grupo A de a Superliga 2. Os de Diego Taboada sairán a por todas co seguinte probable septeto inicial: Antonio Mondejar, Pedro Sànchez, Boris Rodríguez, Manuel Branco, Adrián García, Chema Gimenez e Mario Dovale ( Líbero). Como reservas actuarán: Álvaro Bustos, Guillermo Avendaño, Pablo Villar, Alberto Villar e Jordi Ferreiro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com