#LugoaExame, a campaña do PP para avaliar ao Concello

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, acompañado polo concelleiro popular, Manuel López, presentaron a campaña #LugoaExame coa que dende o Grupo Popular “queremos amosar o
estado real de Lugo”, unha cidade “abandonada” polos socialistas.

Con esta campaña “pasaremos revista” a todos os eidos da cidade. “Achegarémonos á zona rural, ás pistas deportivas, ás rúas…a calquer recuncho abandonado e esquecido polos socialistas”, asegurou Antonio Ameijide. Os populares decidiron poñer en marcha a campaña #LugoaExame a través das Redes Sociais para poder chegar a todos os lucenses. “Sabemos o impacto que teñen as redes e o lonxe que poden chegar as mensaxes a través delas e queremos aproveitar ese impacto para deixar patente, unha vez máis, a pasividade de Lara Méndez”, afirmou Ameijide, que tamén explicou que unha vez se poña en marcha a campaña, os populares distribuirán semanalmente un vídeo-denuncia a través dos seus perfiles de Facebook e Twitter.

A publicación do vídeo se realizará nunha data fixa, todos os martes pola mañá, para facilitar o seguemento da campaña. Ademais todos os vídeos se publicarán baixo o cancelo #LugoaExame, puidendo acompañarse doutra etiqueta en función da temática a tratar.

Os populares tamén se amosaron abertos a recibir todas as queixas e propostas que os lucenses “nos desexen remitir” xa sexa a través das propias redes sociais ou, dun xeito tradicional, na oficina do Grupo Municipal Popular. “O noso obxectivo é denunciar o mal estado no que se atopa Lugo e todo aquelo que o PSOE se comprometeu a facer e a día de hoxe segue sen ser unha realidade”, explicou o voceiro popular, que asegurou que “daremos voz a todos esos problemas que os veciños denuncian e os socialistas se negan a escoitar”.

O concelleiro Manuel López será o encargado de abrir esta campaña nas Redes Sociais cunha denuncia do “lamentable estado” no que se atopan as pistas que unen as parroquias da zona rural. “É imposible condensar nun vídeo duns 30 segundos todas as pistas que precisan dunha actuación urxente, polo que comezamos cun punto en concreto, sen esquecernos das pistas do resto de parroquias, moitas delas intransitables con turismos e polas que só se pode pasar con todoterreos ou tractores”, afirmou Manuel López.

“Os únicos que deshonran aos lucenses son os imputados socialistas”

Ameijide aproveitou a comparecencia ante os medios para replicar ao PSOE as palabras dadas onte pola alcaldesa Lara Méndez e asegurou que “a posta en escena de onte é comprensible tendo en conta o estado de nerviosismo no que se atopa a alcaldesa pola declaración, como imputada, que ten que facer en marzo nos xulgados; unha alcaldesa que tamén se ve incapaz de reflotar o Concello de Lugo cada vez máis paralizado, desmotivado e  bloqueado dende a súa chegada”.

O voceiro do Grupo Popular tamén lle recomendou que, antes de insultar e de falar de quen desacredita a Lugo, “mire ben” para as súas filas xa que “os únicos que deshonran aos lucenses son os imputados socialistas comezando por Liñares, Orozco e, o terceiro, o seu mentor político, Besteiro” e que “seguindo as leccións destes tres mestres, é lóxico que a
alcaldesa esté tamén imputada e cun futuro xudicial incerto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com