Vilalba Aberta solicita un Pleno Extraordinario sobre o desguace de Sancovade

A asemblea de Vilalba Aberta ven de rexistrar unha nova solicitude de urxencia ao Concello, logo das recentes declaracións do Alcalde ao respecto dos sucesos acaecidos o pasado venres no desguace de camións de Sancovade. Unha traxedia, que para a formación asemblearia esixía da inmediata comparecencia de Baamonde e o seu goberno e que provocou do rexedor unha acusación en firme de oportunismo, así coma a de tentar instrumentalizar políticamente a morte dun veciño.

Para o seu voceiro, Modesto Renda, voceiro que dende o pasado mes Outubro levaba advertindo da entrada e saída de vehículos de alta tonelaxe, do demostrable do movemento de terras na finca e máis da existencia de persoal operario e en horas intempestivas no interior da nave; as declaracións do Alcalde responden a un desesperado intento de gañar tempo, logo de afirmar o propietario do negocio que a devandita actividade “non tiña nada que ver nin con un desguace nin con unha compravenda, senón que se trata dun depósito de almacenamento de maquinaria ao aire libre e onde ninguén está a traballar de cara ao público”.

Unha revelación, que, tal e como lembra Renda, contrasta coa versión, durante meses, sostida polo Alcalde, relativa á total ausencia de actividade e á presentación por parte do citado propietario da documentación de referencia, a fin de poder poder poñer en marcha unha actividade de depósito que no momento desta publicación, non contou en palabras do edil asembleario “nin coa aprobación da Comisión de Urbanismo nin consecuentemente figura como tal no arquivo municipal.”

Neste senso a súa derradeira solicitude, a fin da inmediata comparecencia pública do Alcalde e o seu Goberno, a convocatoria con motivo de urxencia dun Pleno Extraordinario e a entrega do conxunto da documentación que no último ano entrou e saíu do Concello relativa á citada actividade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com