A Xunta licita as obras de mellora do firme da LU-613

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda licitou as obras de reforzo de firme localizado na estrada LU-613, nun tramo de 5,940 quilómetros nos termos municipais do Páramo e Portomarín. En concreto, as obras comezarán no entorno da ponte de Portomarín e chegarán ata o núcleo de Cendoi, xa no concello do Páramo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata o lugar para coñecer detalles do proxecto, que sae a licitación cun orzamento de 397.390 euros. Lembrou que hoxe ábrese o prazo de 26 días para que as empresas interesadas a executar a obra poidan presentar ofertas.

As obras van dirixidas a reparar o pavimento deformado, tanto lonxitudinal como transversalmente, regularizando o firme a base de mixtura bituminosa en quente e aplicando posteriormente unha capa de rodadura de aglomerado de cinco centímetros de espesor en toda a calzada.

Así mesmo, procederase á limpeza e reperfilado das cunetas, que mesmo nalgúns puntos serán reconstruídas con formigón para evitar posibles danos por auga embalsada. Por último, instalarase a correspondente sinalización horizontal e vertical. O prazo de execución das obras, unha vez que se formalice o contrato de adxudicación, será de tres meses. Balseiro sinalou que con estas actuacións da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) “lógrase incrementar a comodidade na circulación e a seguridade para os usuarios das estradas autonómicas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com