O subdelegado recibe ao novo comandante da Garda Civil tras a toma de posesión

O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, recibiu esta mañá no seu despacho a José María Rico Rois, con motivo da súa toma de posesión como comandante na Comandancia da Garda Civil en Lugo.

O ascenso de Rico a comandante saíra publicado no Boletín Oficial de Defensa o 17 de xullo do ano pasado. Dende entón seguía desempeñando as súas funcións, en comisión de servizo, na Comandancia lucense á espera de coñecer o seu destino. O Boletín Oficial da Garda Civil publicaba este martes a resolución fixando o seu destino en Lugo.

Antes de ascender a comandante, como capitán, José María Rico foi xefe da Unidade Orgánica de Policía Xudicial na Comandancia lucense e posteriormente xefe da Primeira Compañía da Garda Civil. O subdelegado do Goberno amosou a súa satisfacción porque o comandante Rico poida seguir prestando os seus servizos en Lugo. Ademais agradeceulle o traballo desenvolvido ao longo da súa traxectoria profesional, así como o compromiso que demostra coa seguridade do conxunto dos lucenses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com