O CV Emevé está de sorte esta fin de semana cos dous grandes partidos na casa. Os mozos da Superliga 2 Masculina enfrontaránse, tras alzar a Copa Príncipe e liderando a clasificación, ao CyL Palencia; mentres que, as rapazas de Jose Valle loitarán no seu penúltimo partido para demostrar que son merecedoras do play off, para os que xa están clasificadas matemáticamente. Terano que demostrar fronte a un CAEP Soria que se atopa segundo na táboa.
As rapazas do CV Emevé, xa soñan co play off, pero seguen coa súa mente posta no partido desta fin de semana contra as segundas clasificadas, as novas promesas da Concentración Permanente de Voleibol, o CAEP Soria. Tras un partido emocionante que veñen de disputar contra o Autos Cancela Zalaeta, as lucenses xogan coa vantaxe de estar na casa, ante o seu público e co entusiasmo de demostrar que se valen para ascender á liga Iberdrola. O partido xógase no Palacio Municipal de Deportes, mañá ás 16:00 horas. O probable septeto inicial do encontro será o formado por Carmen Saa, Laura Villasante, Lucía Prol, Alba Pizarro, Irene Yañez, María Aguiar e Eliana González (Líbero). Actuarán como reservas Ainara Burgo, Paula Lorenzo, Julia Paradela, Aitana Fernández e Uxía López.
Por outra banda, os mozos xogan o seu último partido da liga regular en casa, onde se alzarán co título de liga diante da súa xente e o seu público. O conxunto de Diego Taboada, é sen ningunha dúbida o rei da Superliga 2 masculina, alzando Copa Príncipe e Título de Liga. Para iso, deben gañar aos novos talentos da Concentración Permanente de Voleibol os mozos de CyL Palencia, que se atopan na terceira posición da táboa e quedar cun bo sabor de boca. Os lucenses xa están a preparar o seu salto á máxima categoría e a súa mente xa está máis que posta na fase de ascenso, aínda sabendo que queda un partido importante que liquidar esta fin de semana no Palacio Municipal de Deportes ás 18:00 horas. O septeto inicial podería conformarse con Antonio Mondejar, Pedro Sánchez, Chema Giménez, Adrián García, Boris Rodríguez, Manuel Blanco e Mario Dovale (Líbero). Como reservas o equipo contará con Álvaro Bustos, Guillermo Avendaño, Guillermo De Marcos, Pablo Villar, Alberto Villar e Jordi Herrero.