‘Centuria Lucus Augusti’ anunciará o Arde Lucus 2018

O Arde Lvcvs MMXVIII xa ten imaxe oficial, Centuria Lucus Augusti, o cartaz de Óscar Seijas, protagonizado por tropas romanas que fican ao carón da Muralla de Lugo. O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, achegouse esta mañá á Casa da Xuventude, onde deu a coñecer o cartel anunciador tras a deliberación dun xurado
profesional. O traballo gañador é o cartel que anunciará esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xuño, tal e como se establecía nas bases do certame convocado polo Concello.

O deseño gañador, obra do lucense Óscar Seijas Sánchez, foi seleccionado por un xurado do que formaron parte os deseñadores gráficos Enrique Bonet e Lucía Barrios, así como a directora da Escola Superior de Arte e Deseño, Ramón Falcón, Esther Muñoz, entre os dez traballos finalistas; é dicir, entre os dez máis votados pola cidadanía a través dunha votación popular no facebook oficial destes festexos, que rexistrou 2.710 votos válidos. O gañador recibirá un premio de 1.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com