Éxito de participación no faladoiro de María Xosé Porteiro sobre a nova misoxinia

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, participaron este venres no faladoiro de María Xosé Porteiro, A nova misoxinia: a violencia simbólica, que tivo lugar no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo. Este tercer relatorio está enmarcado dentro dos Faladoiros Feministas, a programación, totalmente gratuíta, que Deputación e Concello de Lugo, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, ofrecen aos lucenses co fin de crear un espazo de diálogo e reflexión da sociedade dende o punto de vista das mulleres. 

No relatorio, a xornalista e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, María Xosé Porteiro, reflexionou sobre a violencia simbólica. Un concepto que se emprega para describir unha relación social onde o denominador exerce un modo de violencia indirecta, que utiliza patróns estereotipados, mensaxes, valores ou signos para transmitir e reproducir a dominación, a desigualdade e a discriminación, naturalizando a subordinación da muller na sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com