Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta madrugada a catro persoas afectadas pola inhalación de fume procedente dun lume orixinado no interior dun piso en Cervo.
Ademais das persoas afectadas, os bombeiros tiveron que desaloxar un total de 10 vivendas do edificio situado na Avenida da Mariña, no casco urbano da localidade luguesa.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento da situación ás 4:40 horas desta noite mediante as chamadas de auxilio de varios vecinos, que relataron que como o fume se extendía polo oco das escaleiras e que a xente comezaba a abandonar o inmoble.
Do mesmo xeito, indicaban que no cuarto piso, onde comezou o lume, había dous adultos e dous menores aos que o fume lles impedía saír e lles dificultaba a respiración. Sen embargo, seguindo as indicacións dos bombeiros, lograron poñerse a salvo mentres os equipos de extinción sufocaron as lapas e ventilaron o edificio.
Con todo, catro persoas foron trasladadas ao centro hospitalario de referencia por un equipo do 061-Urxencias Sanitarias. Todas presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de fume e ocupaban diferentes vivendas do edificio.
Ademais, foron desaloxadas 10 vivendas deste inmoble, que resultou afectado polo incendio sen chegar a causar danos na estrutura nin tampouco nos edificios lindeiros.
Así o confirmaron os bombeiros de Viveiro e os membros do GES de Cervo, que estiveron traballando ata agora na extinción deste incendio, que comezou no cuarto piso deste edificio da Avenida da Mariña onde os danos foron cuantiosos, xa que resultou calcinada practicamente a totalidade da vivenda.