O Concello investirá case 190.000 euros na construcción do ascensor do Sagrado Corazón

O Concello vai investir 190.000 euros na construcción do ascensor do barrio do Sagrado Corazón, unha obra que se realizará cun prazo de execución de catro meses.

Este importante proxecto para a mellora da accesibilidade do barrio do Sagrado Corazón, que saira a licitación cun presuposto de 223.731,48 euros, foi adxudicada hoxe pola Mesa de Contratación por un importe de 189.769 euros á empresa J. Fernández.

O Concello recibiu un total de doce ofertas no procedemento de contratación do proxecto denominado “Obras de mellora do espazo urbano e accesibilidade ao barrio do Sagrado Corazón de Lugo dende a avenida de Carlos Azcárraga”.

O proxecto, que foi redactado pola empresa municipal Evislusa, supón a construcción dun ascensor panorámico, que será acristalado, e irá instalado sobre unha estrutura metálica e terá capacidade para transportar nunha viaxe de 8 a 12 persoas. Co elevador facilitarase o acceso ao barrio en dous niveis, un á altura da Igrexa e outro á altura do Colexio. A base será na rúa de Carlos Ázcárraga, onde terá a primeira parada; a segunda será á altura da praza da Igrexa e a última estará comunicada, a través dunha pasarela, coa parte alta do barrio.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com