Burela acollerá en maio a vindeira edición do Expomar

A Fundación Expomar está a celebrar as xuntanzas preparatorias para perfilar o programa da vindeira edición das xornadas técnicas de pesca e do encontro empresarial de organizacións pesqueiras, que terán lugar os días 3 e 4 de maio en Burela.

O alcalde burelés e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, declarou que “xa temos reunións para ir mirando os temas que nos parecen máis interesantes para favorecer ao sector pesqueiro a través de Expomar nas xornadas técnicas e no encontro empresarial de organizacións pesqueiras, que se van celebrar este ano os días 3 e 4 de maio. O día 3 van ser as xornadas técnicas e tamén o día 4, que ademais vai ser o encontro empresarial”.

Llano manifestou que “na primeira reunión que tivemos, que hai que facer outra xa este mes, estivemos barallando varios temas, como as obrigas do desembarque, o brexit, plans plurianuais, comercio e consumo, seguridade alimentaria, nutrición, relevo xeracional, etcétera. Temática hai moitísima, pero queremos dar con aquela que máis preocupe e mellor sexa para informar ao sector, é no que estamos traballando”.

O presidente da Fundación Expomar subliñou que “van ser eses días 3 e 4 de maio, tanto na Confraría de Pescadores como en Absa. Miramos de concretar temas e, a medida que se vaian sabendo, iremos informando para que se vaian
coñecendo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com