A Deputación impulsa o turismo científico nos Ancares-O Courel

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, avanzou que “o Goberno da Deputación impulsa o turismo cientifico coa creación dun ecosistema integrado nos Ancares- O Courel. Unha iniciativa coa que o executivo provincial propón o desenvolvemento de fórmulas turísticas diferenciais para este territorio da Montaña Lucense”.

Vidal Baamode, remarcou que “esta proposta é unha oportunidade única para o desenvolvemento desta Comarca, polas súas singulares condicións, e ao mesmo tempo contribúe a poñer en valor este territorio. O turismo Científico é o guante perfecto que permite crear vínculos sostibles entre turismo, conservación e ciencia nos espazos naturais protexidos.

Mediante esta iniciativa búscase informar e achegar ao visitante a temas tan interesantes como a astronomía, botánica, fauna, paleontoloxía, arqueoloxía, xeoloxía, ecoloxía, etc. E tamén, dar a coñecer a intensa labor de investigación que os científicos realizan para conservar e poñer en valor este patrimonio natural”.

O proxecto do Goberno da Deputación xa se puxo en marcha coa aprobación dos pregos que rexerán a creación dun ecosistema integrado de turismo científico nos Ancares-Courel. Tras a publicación no BOP das prescricións técnicas desta prestación, os interesados poden enviar as súas propostas ata o día 23 de marzo.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do Plan Estratéxico de Turismo posto en marcha polo executivo provincial, que entre os seus obxectivos recolle a necesidade de desenvolver actuacións diferenciais que permitan reforzar a oferta turística a través dos valores distintivos dos que goza a nosa provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com