IMAXE LIBRE!!

161 condutores deron positivo en alcol ou drogas durante o mes de xaneiro

O Subsector de Tráfico de Lugo realizou durante o pasado mes de xaneiro un total de 17.248 probas de alcoholemia e 133 de drogas nas diferentes estradas da provincia.

Dos positivos en alcol, 25 foron investigados como supostos autores de respectivos delitos contra a Seguridade Viaria e outros 98 foron propostos para sanción ante a Xefatura Provincial de Tráfico.133 condutores foron sometidos ás probas para detectar o consumo de drogas ou estupefacientes, atopándose este tipo de substancias en 38 condutores.

Dos positivos por alcoholemia o 90% corresponden a homes e a franxa de idade onde se observan máis o consumo de alcol sitúase entre os 45 e 64 anos cun total do 43% dos resultados positivos. Das diferentes substancias detectadas nas probas de drogas a máis numerosa foi o cannabis, presente en 32 dos positivos detectados, seguida pola cocaína presente en 12 casos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com